Inicio

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) foi aprobado de maneira provisional pola corporación local de Ponteareas o 2 de febreiro de 2016. Trátase do penúltimo paso na tramitación administrativa deste documento, quedando pendente a aprobación definitiva por parte da Xunta de Galicia.
A través desta ligazón é posible consultar o texto refundido do documento provisional do PXOM de Ponteareas. Tal e como se vén de especificar, o documento definitivo virá dado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que podería introducir modificacións a este documento provisional.