Inicio

APROBACIÓN INICIAL DO PXOM

En datas 18 de xunio e 9 de julio de 2013 tivo lugar a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas (PXOM), acordándose a apertura dun período de información pública do documento. Esta aprobación inicial é o primeiro paso da tramitación administrativa do PXOM, polo que aínda non se producíu a súa entrada en vigor e as súas determinacións poden ser obxecto de modificación durante o resto do procedemento.

Logo da finalización da exposición pública, o PXOM debe ser aprobado provisionalmente polo Pleno do Concello. A aprobación definitiva do documento corresponde á Xunta de Galicia.

DURACIÓN DA EXPOSICIÓN PÚBLICA

O PXOM aprobado inicialmente segundo acordos do 18 de xuño e 9 de xullo de 2013 sometouse a información pública polo prazo de dous meses segundo anuncios publicados no Diario Oficial de Galicia do día 2 de agosto de 2013 e nos xornais Faro de Vigo e Atlantico Diario con data 6 de agosto de 2013.
O prazo de exposición pública resultou ampliado por un mes mais segundo o acordo adaptado en sesión plenaria de data 17 de setembro de 2013 (Cuxo anuncio publicouse no DOG do 24 de setembro de 2013 e xornais Faro de Vigo e Atlantico Diario con data xoves 19 de setembro de 2013.
Adxuntase enlace as publicacións no DOG.

DOG Núm 147, 2 de agosto de 2013
DOG Núm 182, 24 de setembro de 2013

LUGARES DE CONSULTA

O PXOM poderá consultarse nesta páxina web ou nas dependencias municipais(salón de plenos).

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS

Calquera interesado pode formular alegacións ao PXOM durante o prazo de exposición pública. As alegacións poderán presentarse no rexistro xeral municipal ou en calquera outro dos lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.