Alegacións

O Concello de Ponteareas recomenda presentar as alegacións relativas ao PXOM no seguinte modelo. Prégase que se indique unha dirección de correo electrónico e todos os datos de contacto precisos para facilitar a comunicación coa administración local.

Calquera interesado pode formular alegacións ao PXOM durante o prazo de exposición pública. As alegacións poderán presentarse no rexistro xeral municipal ou en calquera outro dos lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

– Descarga o impreso aquí
– Se o prefires tamén podes descargar impreso en modo formulario para cubrirlo directamente dende un ordenador. Preme aquí